BUSCADOR






24� Ano - 5� Época - 14/08/2020
Actualidade
23-02-1998

Tal e como xa anunciara o web Costa da Morte catalóganse importantes xacementos

EN CARANTOÑA HAI UNHA GRAN RIQUEZA ARQUEOLÓXICA.

Ponte do Porto. Xosé Manuel Lema. Desde que a principios dos anos trinta un matrimonio alemán excavara un dólmen no lugar de Recesinde, ao que só lle falta a capa superior, e está inventariado pola Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia, na parroquia de Carantoña, dentro do término municipal de Vimianzo, non se deixou de descubrir restos arqueolóxicos de moita importancia. Segundo un informe do centro Blas Espín de Ponte do Porto - Camariñas, neste espacio atópanse localizados cinco túmulos ou mámoas sen excavar e cun alto nivel de conservación. Os xoves investigadores, coordinados polo historiador Miguel Anxo Hermida Carballo, explicaron que existen outras mámoas ou monumentos funerarios, na mesma aldea de Carantoña e na zona coñecida coma Os Cazoliños, ambos sen sinais aparentes de ser excavados. A riqueza arqueolóxica desta parroquia da terra de Solneira increméntase coa presencia de dúas cistas na Vieira e o Gatiñeiro. Esta novidosa información é producto do traballo de catalogación do Centro Blas Espín e os seus dirixentes concordan de cheo coa proposta lanzada antes os medios de comunicación polo director do Museo Arqueolóxico da Coruña Xosé Maria Bello, que aposta pola creación dunhas rotas turísticas megalíticas e que recoñece a gran cantidade de xacementos existentes en toda a Terra de Soneira e da Costa da Morte. Só no concello de Vimianzo, descubríronse máis de setenta ( 70 ) achados de este tipo. Pola súa banda o historiador porteño Miguel Anxo Hermida manifestou que a parroquia de Carantoña, era o núcleo megalítico máis fecundo da comarca aínda que con un claro handicap: a difícil accesibilidade. Fotos: XML web Costa da Morte

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca