BUSCADOR






24� Ano - 5� Época - 14/08/2020
Actualidade
16-02-1998

Resultado de seis meses de investigación

UN GRUPO DE ECOLOXISTAS LOGRA SUPLIR ARTIFICIALMENTE A CAMARIÑA

Ponte do Porto. Xosé Manuel Lema. Hai varias décadas gran parte do litoral galego estaba poboado coa popular camariña, que enriquecia a beleza paisaxística do noso territorio ata que a planta iniciou un período de declive que se prolongou ata hoxendia, cunha presencia anecdótica. Nestes momentos quedan exemplares en Area do Trece, Camariñas e nalguns reductos das costas galegas e portuguesas. A Corema Album, que ten o seu hábitat nos lugares recónditos e de difícil accesibilidade, dá nos meses de agosto e setembro un froito redondo, semellante a unha pérola, de sabor doce e cor branca. Ata hai 25 anos comercializábase este sabedor froito polas feiras e mercados do concello da vila dos encaixes. Na actualidade o vexetal atópase en vias de extención, no que tivo moito que ver a limperza dos montes que atacou o seu carácter salvaxe. Desde o concello de Camariñas tentouse criar esta especie, sen resultado. De feito a planta da camariña forma parte do escudo municipal. Agora, e logo de seis meses de investigacións, varios membros do colectivo ecoloxista P.X. anunciaron que a camariña se pode criar en Viveiro, e indicaron que xa sacaron adiante 200 exemplares en pequenos tarros misturados con area e terra.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca