BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 23/11/2017
Actualidade
19-09-2004

Organiza A.C. Raigañas

EXCURSIÓN A PORTUGAL

A Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda (Malpica de Bergantiños) clausurará a súa programación cultural de verán cunha excursión á localidade portuguesa de Amarante, a terra do ‘gatao’(un popular viño verde portugués) o vindeiro sábado 25 de setembro. A excursión inclúe actuación de gaitas e panderetas, visita guiada ao casco histórico de Amarante e outros lugares de interese. O prezo da excursión inclúe viaxe e xantar e ascende a 20 euros para os socios e de 30 para os non socios. Para os nenos menores de 10 anos, a tarifa redúcese a 15 euros. Os interesados poden inscribirse, ata o 19 de setembro, nos teléfonos 616 159 721, 696 372 729 ou 649 634 904.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca