BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
Actualidade
12-11-1997

VEU O BO TEMPO PARA MELLOR ENTENDER A COSTA DA MORTE

Decimo Xuño Bruto, latino con mentalidade latina, foi quen de facer subir aos nosos devanceiros ao petóns e outeiros ante a forza organizada do seu exército. Mais a terra, o mar e o sol, que reina de verán no ceu polo dia, fixeron fuxir e recuar as suas tropas aqui no Finisterrae. Hai momentos en que o ser humano se sinte cativo, mesmo se é o xeneral do exército máis importante do mundo. A auga e a tormenta desfixeron as tropas do emperador Felipe II, o home en cuxo reino non se poñia o sol, por non entenderen este mar bravo. Calquera tecelá de redes desta Costa sabia que ia haber tormenta polo vento, a lua, as proas no peirao, os sinos, as aves... As nosas dornas e naos levaban séculos indo á Britania e Irlanda. Os xefes da "Armada Invencible" eran de secano. A Costa da Morte, a porta aberta ao océano, berra fera estes dias. Está a lembrar outros tempos, mais di decote o mesmo.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca