BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 23/11/2017
Actualidade
06-05-1998

EN BUÑO RECUPERARÁN UN DOS ÚLTIMOS COMPLEXOS ALFAREIROS DE EUROPA

Xosé Manuel Lema A deputación provincial da Coruña vén de inicia-los trámites de adquisición do antigo complexo alfareiro do Forno Novo ubicado na localidade de Buño, dentro do término municipal de Malpica, froito dun acordo cos seus actuais propietarios, ós que deberá pagar uns cinco millóns de pesetas para posuír definitivamente esta xoia etnográfica e de tradición centenaria. O conxunto do Forno Novo está composto por un forno onde se cocía e se elaboraba o barro, uns alpendres de procesamento da materia prima, un cabazo que cumpría funcións de almacén amais das casas de residencia dos artesáns. A entidade provincial pretende rehabilitar este complexo e convertelo nun ecomuseo para que no medio dun entorno apacible se recupere este vello oficio na súa variante máis primitiva. O técnico cultural da deputación, Felipe Senén, asegurou que se trataba dun dos últimos destas características en toda Europa e que a idea era que os oleiros volverán a revitalizar as históricas "fornadas" neste lugar, aparte facer un traballo de recuperación dunha fermosa tradición na comarca, de conservar unhas edificacións do século XVII e aproveitar o tirón turístico que poden ter estas mostras en vivo. Felipe Senén louvou o potencial oleiro de Buño, e dixo que facía falta unha iniciativa deste tipo para dar un paso de futuro no sector desde a riqueza do pasado dun traballo que soubo resistir o tempo.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca