BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
Actualidade
13-05-1998

Diversos e numerosos actos culturais se celebran

NO FIINISTERRAE TAMÉN SE CONVIVE COAS LETRAS

Manuel L. Pan Estas tamén son boas datas para visitar a Costa da Morte, na nosa zona celebranse as Letras Galegas cun referente especial, que é a Agrupación Cultural Monte Branco de O Couto - Ponteceso. Ainda que son moitos e moi diversos os actos que se celebran na zona, todos os ollos están postos nesa Casa dos Veciños da pequena aldea da Terra do Bardo Pondal. Se vostede quere pasar unhas xornadas sumerxido ou sumerxida na nosa Cultura, non dude en parar nesta pequena aldeiña das terras de Bergantiños, xa que de seguro que en calquera día do mes de Maio se poderá encontrar con xente do valor de Bernardino Graña, Manuel María, Xurxo Souto, Carlos Blanco, Felipe Senen, o señor que pasea polos camiños, a señora que apaña as berzas, o neno que vai para escola, ou poderá visitar a feria de artesanía; e decir, se neste mes aparece polo Couto, sempre terá algo que ver ou que vivir. Claro que non so do Couto viven as letras, e son todos os Concellos e agrupacións os que en calquera curruncho da Costa Da Morte organizan actos nestas datas E DURANTE TODO O ANO. E senón que llo digán o Complexo Turistico "Las Hortensias", que alá na praia de Quenxe, en Corcubión, no corazón da Costa da Morte, estase a convertir ao longo dos anos nun dos centros culturais da zona. En resumo, e como xa veño decindo dende fai tempo, no finisterrae sempre hai algo que ver e non hai tempo para o aburrimento pero si para a relaxación.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca