BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 25/11/2017
Actualidade
24-11-1997

UN PETROGLIFO DE HAI 4000 ANOS APARECE DE NOVO A LUZ EN VIMIANZO

Todos os pobos foron creando modos de escritura propios. As letras, os pictogramas, forman códigos de comunicación con significados múltiples e contidos asociados ás élites que controlaban os seus procesos de producción. Tal e como hoxe segue a acontecer cos sistemas máis avanzados de (de)codificación, captación e envio de mensaxes (multimedia e dixitais ou non). Esta semana o cazador Manuel Souto Caamaño batiu, no seu percorrido polas gándaras destas terras, con un petroglifo que de contado foi datado polo arqueólogo Xosé María Bello entre 1900 e 2.500 anos antes de Cristo. Os petroglifos presentan as formas comúns aos doutros puntos destas antigas paraxes: círculos concéntricos e carreiros que os abren ao medio. Na sua "Historia Galego-Portuguesa" o pensador galego Cebral afirma que os petroglifos son sistemas de escritura comparables co alfabeto romano ou fenicio, cos ideogramas chineses ou os pictogramas exipcios. O profesor Fernando Alonso Romero ten traballado sobre esta cuestión e asocia o seu significado a códigos para a medición do tempo. O petroglifo de Vimianzo foi atopado de par da estrada Berdoias-Muxía cabo de rocas usadas ata non hai moito para construír casas de pedra. Sinalan os medios de comunicación da vella época que é un milagre que se conservara ao estar de par dunha canteira. Como se ese fose o perigo. O milagre é que se conservara ao estar de par dunha estrada construída sen criterios de aproveitamente comunitario global. A canteira para pedras de casas galegas de lei, labrada de mans de canteiros, soubo gardarnos a mensaxe do tempo pre-bárdico sen por iso deixar de facer edificios que non caen nen se enchen de auga coa primeira orballada do inverno.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca