BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 22/11/2017
Actualidade
11-06-1998

A calidade e os servicios das praias da Costa da Morte destacan polo número de bandeiras azuis con respecto ó resto de Galicia.

FISTERRA, LAXE, MALPICA E RAZO, RECIBEN BANDEIRA AZUL

Toda a Costa da Morte ten unhas praias incribles de area branca e fina, unha vexetaión exuberante, e un mar aberto e limpo. Neste ano son catro as praias que consiguen o preciado galardón da Bandeira Azul da Unión Europea, o cal as destaca sobor das demais, ainda que para min hai outras moito máis apetecibles, ainda que con moita menos concurrencia (e mellor así), nas que non colle moita xente, e ole a mar e campo ó mesmo tempo, nas que se misturan as duas bravuras da Costa da Morte que continuamente están a se enfrentar, a bravura do Mar ó bater na Costa e a cápacidade desta por botarlle enriba toda a sua vexetación e o seu poder de resistencia. Desde o ano 1993 as praias de Laxe e Fisterra contan con este distintivo, a de Malpica non ten nada que envidiarlle, tanto en servicios como en paisaxe. A praia de Razo, (Carballo) é a a que figura na portada da guía das praias con Bandeira Azul de todo o Estado Español e a única da Costa da Morte que ten esta denominación ininterrumpidamente desde hai 10 anos. Segundo palabras do alcalde de Laxe, D. Antonio Castro, recollidas por La Voz de Galicia, este distintivo axuda a reafirmar a Laxe como a Capital Turística da Costa da Morte, ainda que eu creo que hai que reclamar eso si á Costa da Morte como a Capital do Turismo de Calidade de Galicia. E aproveito para recordarlles a todos vostedes que cada vez mais, NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca