BUSCADOR






24� Ano - 5� Época - 14/08/2020
Actualidade
18-06-1998

Descubre o busto no denominado

CAMILO JOSÉ CELA ESCRIBIRÁ UN LIBRO SOBRE A COSTA DA MORTE

O premio Nobel galego, estivo por Fisterra para inaugurar un busto coa súa figura na Vila, segundo o insigne escritor é para el Fisterra o lugar ideal para pasar as súas vacacións de verán. Este busto é resultado dunha relación establecida xa fai anos entre o Concello de Fisterra e a Casa de Cela en Iria Flavia. O resultado destas conversas foi un intercambio entre ambas institucións, e a casa de Don Camilo José Cela, recibe a cambio desta peza unha réplica da placa existente neste "rueiro", adicada ó escritor. Segundo nos comenta o Alcalde de Fisterra, D. Ernesto Ínsua, en declaracións para o Costa da Morte Web, as pretensións da Casa de Cela, é ter en Iria Flavia, unha réplica de todos os monumentos que D. Camilo ten adicados á súa figura en todo o Mundo. O Premio Nobel de Literatura, voltou a prometer que ía escribir o libro "Madera de Boj", ambientado na Costa da Morte, pero que este non vería a luz ata dentro de dous anos. Como poden comprobar, a Costa da Morte ten tamén un grande poder de inspiración, e por eso son moitos os escritores e poetas que se quedan a vivir para sempre no noso fermosísimo Finisterrae, como vos contaremos en próximas noticias.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca