BUSCADOR






24� Ano - 5� Época - 14/08/2020
Actualidade
24-06-1998

O vindeiro sábado día 11, celebrerase en Corme a Festa do Percebe, o producto por excelencia destas terras de mar.

FESTA DO PERCEBE EN CORME

Manuel L. Pan A data da festa do percebe está moi pensada polos organizadores, xa que pensando en como estará a lúa nesas datas, sábese que as mareas dos tres días anteriores serán moi baixas, e polo tanto haberá máis percebe ó alcance dos intrépidos e intrépidas percebeiras na temible e fermosa pedra do Roncudo (onde din está o mellor percebe do mundo). Máis de 1000 kilos de percebes serán degustados da meneira mais sabedora que se coñece, que non é outra que ecompañados dun bo viño e un bo prato de cachelos. Este suculento prato, que noutrora era comida de pobres, hoxe está considerado como un manxar exquisito, e non é nada máis e nada menos que os productos que nos ofrecen a terra e o mar xuntos, sen outro condimento nin outra elaboración que unha cocedura en auga. Segundo os organizadores contan con seis ou sete mil persoas, para as cales teñen preparados mais de 1000 metros cadrados de espacios cubertos por si a choiva, e como non todo vai ser darlle gusto ó estomago, tamén se poderá disfrutar dunha festa animada por grupos tradicionais e charangas, como nos bos tempos que din os vellos. Todo o visitante que acuda a degustar estas racións de sabor de mar, poderá de paso pasar un fin de semana na Costa da Morte, e incluso poder coñecer neste tempo, deste Corme ata Carnota, pasando por Ponteceso, Laxe, Baio, Vimianzo, Cee, Corcubión (onde pode facer noite) e Fisterra, sin olvidar pasarse por Muxía, Camariñas ou o Monte Pindo. Estas vilas poderá vostede atopalas por esta orde en calquera mapa de carreteras, co cal, chegando á Costa da Morte calquera fin de semana, daralle tempo a percorrer a nosa indómita zona, degustar os nosos mariscos, e coñecer as nosas xentes, e todo esto en so dous ou tresa días, recorde o meu consello, NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca