BUSCADOR






24� Ano - 5� Época - 14/08/2020
Actualidade
30-06-1998

Manuel L. Pan

O CLUBE NAUTICO DE CAMARIÑAS UN MAR DE XENTES

Nestas datas hai no pantalán do Clube Náutico de Camariñas un mar de xentes de diversas nacionalidades europeas e americanas. Nestas datas hai no pantalán do Clube Náutico de Camariñas un mar de xentes de diversas nacionalidades europeas e americanas. Como todos os anos nestas datas hai atracados en Camariñas barcos con bandeira arxentina, francesa (ou bretona), do Reino Unido, irlandesa, danesa, etc. ainda que son moitos os que pasan durante todo o ano, xa que é o mellor refuxio que existe na Costa da Morte para todos os veleiros e iates que pasan por diante das nosas penas. Un caso típico é o de aquela tripulación que despois de cruzar o Atlántico, aproveita Camariñas como punto de paso para o resto de Europa. Cousa lóxica si escoitamos as palabras de algún deles que xa repetiron en épocas coma no Nadal ou Aninovo, en pleno inverno, e que din: Este povo é coma unha especie de paraiso, e preferimos atracar na Costa da Morte e non na Coruña. O Clube Náutico de Camariñas ofrécelle ó navegante pantalán, auga, luz e os servicios necesarios para que teña unha confortable. Ainda que o propio clube so dispón dunha cantina para o servicio dos socios, hai no povo servicios suficientes para que o visitante poda disfrutar da nosa gastronomía e da nosa hospitalidade. Nin que decir ten que esta é unha das boas novas que nos ofrece a Costa da Morte, ao igual que podía ser: - Subastáronse mais de cinco mil kilos de polbo nas lonxas da Costa da Morte, no primeiro día de apertura da veda. - Tamén se iniciou a recollida do percebe para a festa do sábado día 11. - Comenza o programa de teatro do Concello de Camarinhas, con actuacións ao ar libre e en escenario, de reconocida calidade. - O Complexo turístico Las Hortensias, realizará unha grande sardiñada no seu pub La Cola de la Rana, con verbena incluida. - Presentouse o programa Descubrindo Milenios, programa de concienzación histórico cultural, organizado pola asociación supramunicipal Neria (xestora do plan europeo Leader II). -Casa Elias organiza as Xornadas culturais e gastronómicas da Costa da Morte. - María Inés Mato, unha arxentina filla de Galegos, promete percorrer a nado o incisivo perfil da Costa da Morte, esta nadadora está especializada en proezas como as de cruzar a Canle da Mancha, ou os 30 últimos kilometros do Río Nilo. - Que xa está en funcionamento a Aula da Arte de Verán de Malpica. - Presentouse a progamación do festival de música Celta, a Carballeira de Zas. - Xa se pode visitar a costa de Cabana a bordo dun barco de fondo transparente organizado polo Concello de Cabana. - Xosé Manuel Budiño, o extraordinario gaiteiro, en Carballo. - Pode preguntar, que en moitisimas das nosas aldeas hai romerias con verbena destas datas. … Buff !!! Creo que xa non cabe dúbida nengunha de que : NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca