Inaugúrouse en Cee a exposición fotográfica Retratos da Costa da Morte , de Ramón Caamaño Bentín. Na mostra, que xa fora exposta con anterioridade en Carballo, entre outras localidades galegas, estará presente o propio autor das imaxes. A exposición terá lugar no Salón de actos do Concello, de 10.00 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 horas e poderase visitar ata o 4 de xaneiro. Unha opción para ocupa-las tardes otoñais e refuxiarse da choiva entre apaixonantes fotografías.