BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 24/11/2017
Actualidade
05-08-1998

Estanse a presentar nestes dias unha novela e unha guía sobor do deporte e a aventura na Costa da Morte.

MAIS LIBROS PARA A COSTA DA MORTE

Manuel L. Pan Cando estamos en plenas festas da Xunqueira, e o clima axuda a percorrer a Costa da Morte, son dous os libros da Editorial Lea, que se están a presentar estes días na nosa zona, dous libros que falan da Costa da Morte, e de como amala e coñecela. O primeiro é unha novela do andaluz José Mas, que leva o titulo de "Costa da Morte", así de sinxelo e así de atrainte. Esta podía ser simplemente unha traducción da novela deste andaluz que descubríu a Costa da Morte de principios de século; pero é algo máis que eso. Os seus autores, Héctor Pose, Xosé Manuel Varela e Manuel Vilar, fixeron un fermoso e riguroso traballo, no que a parte da traducción tamén se explica minuciosamente que é o que quere decir o autor, e explican así mesmo os ambientes polos que vai discurrindo a novela. O segundo é un libro para coñecer mellor a Costa da Morte. Este libro, "Deporte e aventura na Costa da Morte", indicanos a maneira de coñecer a nosa fermosa zona e ao mesmo tempo involuclarse coa natureza. Se vostede chega á Costa da Morte, e decide pasar dos coches e coñecer sitios inóspitos e casi que descoñecidos, ou polo contrario decide percorrela en bicicleta de tal xeito que poida disfrutar da paisaxe e pararse a falar coa xente, este libro indícalle o xeito de facelo, xa que os seus autores son grandes coñecedores deste xeito de vida e da Costa da Morte. Estan a sair ultimamente publicacións sobre a Costa da Morte que nos permitirán coñecer máis a fondo a Costa da Morte. Se vostede ten interés en coñecer a Costa da Morte, pode coñecela perfectamente visitando o noso web, pero tamén pode votarlle un vistazo a estas duas publicacións, ou a guía editada recentemente pola entidade supramunicipal Neria, da cal é autor o moi estimado Xan Fernández Carrera, ou pode mercar calquera dos libros de Xosé Mª Lema, ou o libro de Baña Heinz, ou o do señor Ballesteros, ou o Mar Tenebroso de Ramón Allegue, etc, etc, xa que somos moitos aos que nos enfeitiza esta zona, e que nos leva a facer algo por mostrala. E recorde vir con calma, e sin presas, ao igual que vai coñecendo o mariñeiro a sua vida, sen presa pero sen pausa, xa que NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER (pero con calma). AVISOS: Xa está na rede o Site da Olería de Buño, coa nova imaxe desta ancestral e á vez moderna olería. Este Site foi realizado por Abertal Comunicacións, a empresa responsable deste web que vostede está a visitar nestres intres. Debido ao éxito das Xornadas Gastronómicas da Costa da Morte celebrarase unha nova xornada da langosta e do lubrigante na segunda quincena de agosto.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca