BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 24/11/2017
Actualidade
08-12-1997

DESCUBERTO UN GRANITO CAPAZ DE COMPETIR CON PAKISTÁN, INDIA E ITALIA.

O Rancheiro anda traballando a diario polas Gandras. É un señor de 83 anos con quen fomos falar para que lle dixese unhas palabaras á Internet toda: Ai eu o que fixen foi coller unha pedra de estas e deilla a un meu neto que traballa nunha empresa de mármores. O que non sabia o Rancheiro era que a pedra non era un croio calquera. O neto puliuna e decatáronse de que é igual ou mellor que as pedras ornamentais que se están pondo nos edificios. A xente non sabia que as pedras tiñan tanto valor. Agora armouse un rebumbio porque unha canteira comprou os primeiros terreos para explotalo. Hai quen di que abrir estas pedras é un pecado. Polo de agora só vendiu terreos unha viciña que vive nas Américas e iniciáronse os primeiros contactos co resto dos viciños. A polémica está servida. Conservacionismo ou explotación? A nosa visión é cauta. Manuel O Rivas, premio nacional de literatura e viciño destas paraxes, envíanos a súa opinión. Quen queira opinar, que opine Para quen queira ver a pedra pulida pode pasar polo estanco de Pasarela. O señor Rancheiro deixouna alí para que a vexan as persoas que estes dias se pasen por estas terras.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca