BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
Actualidade
12-09-1998

Manuel L. Pan

XACARANDAINA PRESENTA O ESPIRITO FESTEIRO DA COSTA DA MORTE CON RIBEIRANA

O sábado 12 de setembro será presentado dentro dos actos do Pavillón Cultural da Costa da Morte, este espectáculo baseado nas recollidas realizadas na zona. Ten que ser para a Costa da Morte toda unha honra que unha entidade como a Asociación Cultural Xacarandaina monte un espectáculo sobor da tradición dos bailes, cantes, e da música que anos de traballo deron de si. O espectáculo que nos ofrecerá Xacandaina estará baseado na mais fonda tradición da Costa da Morte, sacando de raiz o espírito máis arraigado nas nosas xentes, ainda que poñendo un toque innovador e vangardista na ambientación do mesmo. Poderemos ver o resultado de moitísimas viaxes que a xente de esta asociación ten realizado ao longo dos anos á Costa da Morte. Este resultado de seguro será entrañable e espectacular, xa que os que temos un mínimo interese por estes temas sabemos que o xeito de facer a festa das xentes da Costa da Morte é algo que pode deixar impresionado ó máis esixente. Os bailes, os cantes, os vestidos, a música que poderemos ver este sábado día 12 vai ser de seguro algo que os que teñamos oportunidade de velo non o esqueceremos facilmente. Xacarandaina é un grupo que ten mais que demostrada a súa valía e bo facer para estes menesteres, como xa fixo con dous dos seus anteriores espectáculos, Costumes e Saberes dun Pobo (1992) e Unha Viaxe por Noutrora (1986), a parte de participar en festivais en Galicia e en toda Europa. Para que se vaia poñendo en situación, adiantámoslles o programa da RIBEIRANA, Primeira parte: 1. Ribeirana de Cerqueda. 2. Xota de Carnés. 3. Xota de Serantes. 4. Valse. 5. Maneo de Seaia. 6. Miñeira de Catañolas. 7. Cantares de Sta. Marina. 8. Dança de espadas de Quintáns. Segunda parte: 1. Xota e muiñeira de Berdoias. 2. Xota Cruñesa (ou valseada) de Fisterra. 3. Xota de Baiñas. 4. Dança de Paos de Nosa Señora das Areas. 5. Maneo de Cambre. 6. Aninovo do Couto. 7. Punteada de Cerqueda. 8. Muiñeira de Cabana. 9. Ribeirana de Laxe. Empecemos, AAAAAAAAAAiiiiiiiii iiiii iiiiiiiiii !!!!!! Escoitenos en Real-Audio en directo coa Radio Galega, o sábado entre 13,00h e 14,00h

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca