BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 24/11/2017
Actualidade
05-06-2003

EXTRACCIÓN DO FUEL NON COMENZARÁ ATA A PRIMAVERA DO 2004, CANDO MENOS

O vicepresidente de Repsol, Miguel Angel Remón, anunciou para este verán as primeiras probas con bolsas lanzadeiras para extraer o fuel que aínda queda no Prestige; un sistema que xa atopou detractores entre algúns expertos, que afirman que é inviable, tal e como mostra o artigo que nos remitiu Francisco Moreno Meco, enxeñeiro, científico e investigador en materia e enerxía . En calquera caso, se o test resultara positivo, entre que se encargan e construen as bolsas e se esperan as boas condicións meteorolóxicas, a extracción do fuel non comenzaría antes da primavera do 2004. Se as probas foran negativas, Repsol optaría pola segunda das alternativas: confinar o pecio nunha marquesiña de aceiro para recoller o fuel por saídas feitas a tal fin, unha opción absurda en opinión do científico Francisco Moreno.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca