BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 24/11/2017
Actualidade
23-10-2015

Senda Nova propón seis rutas de sendeirismo co programa "Outono en marcha"

Senda Nova propone seis rutas de sendeirismo co programa "Outono en marcha"

A Asociación Ambiental Senda Nova propón seis rutas de sendeirismo para os domingos ata finais de novembro. 

O programa de rutas é:

- 25 de outubro.
"Senda das Capelas", pola Laracha.
Distancia: 16 km
Dificultade: media
Percorrido: Santa Margarida, O Viso, el Castro da Pena, capela de San Roque, Nosa Señora de Cumiáns, Carballo de Outeiro...

- 1 de novembro.  "Razo-Baldaio para protexer"
Distancia: 14 km
Dificultade: media-baixa
Percorrido: sistema dunar, lagoa de Baldaio, praia fósil de Razo, igrexas de Lema e Rebordelos, capela de Santa Irene

- 8 de novembro. «As Terras do Marqués», por Carballo
Distancia: 14 km
Dificultade: media
Percorrido:  Pazo de Gontade, igrexa de Ardaña, mámoa e castro de Peniqueira, pazo de Vilar de Francos, igrexa de San Xurxo de Artes, Pazo das Pallas.

- 5 de novembro. «Vía Alcaianus», por Coristanco
Distancia: 19 km
Dificultade: media-baixa
Percorrido: Cernide, Ponte Lubiáns, Cerqueirás, Buxán, Penavia, Pazo de Arixón, lagoa de Alcaián...

22 de novembro. "Pegadas do Wolframio", por Carballo e Malpica. 
Distancia: 19 km
Dificultade: media
Percorrido: Monte Neme, igrexa de Oza, castro de Nión, Eira das Meigas, igrexa de Cambre...

As inscricións poden facerse a través do correo-e sendanova@hotmail.com ou no tfno 696 155 232. Tamén en Protección Civil de Carballo, Casa do Concello de Coristanco e Casa do Concello da Laracha ata dous días antes de cada ruta. O custe é de 6 euros para maiores de idade  e de 3 para menores.

Os prezos para socios de Senda Nova son de 3 euros para adultos e 1 euro para nenos.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca