BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 24/11/2017
Actualidade
19-11-2014

Fanse 12 anos do afundimento do Prestige

Hai 12 anos que en Finisterrae se facía o seguemento da traxedia que tinguía de negro a nosa costa.

19-11-2002. O Prestige afunde a 133 millas de cabo Fisterra. Ao redor das 8 da mañán, o Prestige parte en dous a 133 millas do cabo Fisterra. Catro horas máis tarde comenza a afundirse a 145 millas das Cíes. Detrás quedan perto de 200 Km. de costa contaminada, mentras manchas fragmentadas e todo o fuel que aínda almacenaba o petroleiro ameazan con chegar a terra e deixar baixo unha negra sombra boa parte da costa de Galicia.

Día a día Finisterrae foi publicando as novidades que iban acontecendo, a orde de alonxamento do barco, a chegada do fuel á costa, o afundimento do petroleiro, a extensión da contaminación, a veda de pesca, a manifestación en Compostela baixo unha capa de paraugas, a movilización dos voluntarios ... 

De seguro os que viviron de preto os acontecementos non esquecen o sucedido, e para a lembranza quedan as novas publicadas no Especial Prestige. 

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca