BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 22/11/2017
Actualidade
13-10-2000

Comeza a saltar á vista o boom no crecemento de infraestructuras públicas que se está a dar no concello de Cee.

CEE MEDRA

Entre unhas e outras, con cargo a diferentes plans ou a fondos municipais, xa son máis de cincuenta as obras que en marcha ou xa finalizadas viu medrar o concello de Cee. Neste tempo, evidente resulta a reforma que vive a praza do mercado, as obras da travesía de entrada á vila, e máis agachadas, as de arquitectura popular, que afectan a varios conxuntos etnográficos en varios nucleos do concello. Na opinión do seu alcalde, o Sr. Manuel Lamela, este crecemento en infraestructura pública ven dado por unha clara demanda veciñal destes servicios. Cee medra en obra pública e servicios porque tamén aumenta a necesidade destes. Por outra banda, o Concello de Cee está a contar para o mantemento destas infraestructuras nun futuro, con que a súa utilidade non se vai restrinxir ó uso que delas poidan facer os veciños da vila, senón tamén a necesidade que a comarca ten delas, por non atoparse nada parecido en concellos limítrofes. Unha piscina climatizada, unha casa da cultura de catro plantas, uns mellores accesos, ou enclaves de tempo libre coma conxuntos etnográficos ou museos, forman parte do que vai ser a oferta do concello de Cee nun corto prazo. O porque deste salto urbanístico en materia de obra pública circunscribese, segundo Manuel Lamela, á cuestión da financiación. A venda de parcelas do recheo está a dar ó Concello ceense a capacidade financieira suficiente para acometer tantos proxectos ó mesmo tempo. O Concello de Cee está a espera do remate de varias destas infraestructuras nun prazo de meses, coma pode ser o caso da reforma da praza do mercado, ou do edificio que albergará os fondos da Fundación Fernando Blanco, no antigo edificio da escola de nenas. NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER!!!

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca