BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 25/11/2017
Actualidade
07-10-2000

Mulleres de todo o mundo participan no paro feminino do martes día 10, en demanda de respeto para a muller no mundo, e por suposto na Costa da Morte

NA COSTA DA MORTE TAMÉN SE REALIZA UN PARO EN DEMANDA DO RESPETO Á MULLER

Mulleres de todo o mundo e tamén da Costa da Morte, secundan o paro que está covocado tanto no laboral coma no fogar. Unha iniciativa que se enmarca no transcorrir da denominada Marcha Mundial das Mulleres 2000, actividade que ao longo de todo o ano leva movilizando a mulleres de todo o planeta na defensa e demanda de respeto aos dereitos das mulleres no mundo, tanto nos paises de occidente coma nos máis desfavorecidos. Polo que tanto Radio Nordés-Cadena Ser coma o Web Costa da Morte, queremos solidarizarnos con esta causa que consideramos máis que xusta. Na bisbarra a asociación de mulleres Buserana ten convocada unha concentración ás 12 da mañá, na Praza da Constitución de Cee. Está convocado tamén para este martes un paro da muller no laboral, entre as doce da mañá e as duas da tarde, ademáis dun paro de 24 horas para a actividade feminina no fogar. A iniciativa terá lugar en todo o mundo á mesma hora. Na Marcha Mundial das Mulleres 2000 participan centos de asociacións de toda índole e de todo o mundo, non so feministas, senon tamén culturais e de defensa dos dereitos humanos ou sindicalistas.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca