BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 24/11/2017
Actualidade
18-11-2013

VIII Concurso de fotografía do Concello de Corcubión

Cartel VIII Concurso de fotografía do Concello de Corcubión

Os concursantes poderán participar con tres obras, únicas e orixinais sobre a vila de Corcubión  (premio extraordinario “Fillos de San Marcos”) ou de temática libre, acolléndose ás normas que figuran nas bases do concurso que se axustarán ás seguintes normas:

Lugar e datas de entrega de fotografías.

O depósito das fotografías debidamente identificadas realizarase no Concello de Corcubión entre os días 12 de novembro e 5 de decembro.

Todas as fotografías participarán na exposición que terá lugar na Capela do Pilar durante o Nadal, do 23 de decembro de 2013 ao 3 de xaneiro de 2014.

Haberá premios en metálico e a mellor fotografía publicarase na sexta edición da revista Thaumazein editada pola Universidade Cromática.

O Premio Extraordinario Fillos de San Marcos contará, ademáis, con xurado popular vía Facebook recibindo as fotografías máis votadas tres, dous e un punto respectivamente.

O fallo do concurso resolverase e farase público (xunto coa entrega de premios) o venres 27 de decembro, ás 19:00h da tarde, na Capela do Pilar de Corcubión

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca