BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 20/11/2017
Actualidade
22-09-2000

Cee e Corcubión son concellos limítrofes, tendo o segundo unha dimensión moitisimo menor que o primeiro.

POLÍTICOS DE CEE E CORCUBIÓN APOSTAN POLA UNIÓN DOS POBOS NUN SO CONCELLO

Vicente Rivas, ex concelleiro nacionalista do Concello de Cee, mantivo unha conversa recentemente cos servicios informativos de Radio Nordés Cadena Ser, para explicar con detalles o motivo que o levara a presentar unha moción para estudiar a viabilidade de unir Cee e Corcubión. Tratábase, decía, de sopesar a posibilidade de efectuar un estudio sociolóxico e económico coa finalidade de comprobar a viabilidade de unir Corcubión e Cee nun so concello. Sobra aclarar que ambos pobos, mantiveron durante séculos, unha intensa rivalidade social plasmada en numerosas cantigas e titulares de prensa. Entre as ventaxas, Vicente apunta pasar dos dez mil habitantes, algo que repercutiría positivamente na concesión de partidas presupostarias e subvencións, ser claramente cabeza de partido xudicial ou mesmo unificar tódolos servicios. Describíu así, as compatibilidades xa existentes como: o saneamento común, o abastecemento de augas, ou mesmo o vetedoiro do repetidor que recibe o sinal audiovisual no Monte do Son. Se este estudio resultase positivo, debería tramitarse á Xunta de Galicia baixo un marco que considerou favorable, xa que, o organismo autonómico e a lei, é máis favorable a unha unión entre concellos que a unha segregación ou creación dun novo. Situación política desfavorable Pero, naqueles tempos, contounos, a situación política non estaba dacordo con esta proposta. Houbo políticos municipais, concretamente en Cee, en palabras do líder dos Independientes por Cee, Ramón Vigo, que non eran partícipes de soportar a diferencia, según eles, existente entre os dous pobos. Para Vigo, Cee significa progreso e, Corcubión, atraso. De todas formas, o exconcelleiro nacionalista sinala ó actual alcalde como principal figura ante a negativa á unión. No termo político cree non existir un bo exemplo na Mancomunidade Comarca de Fisterra debido, explica, a problemas políticos no seo da directiva pero, no tocante á fusión de ambos pobos, a situación sería claramente diferenciada. Existirían, como é lóxico, as eleccións municipais, lugar onde os veciños e veciñas do pobo elixirían ó seu goberno, un so goberno. Un problema subxectivo, non obxectivo Vicente Rivas diferenciou entre a parte obxectiva, na que dixo non atopar ningún tipo de problema. Pero sí na subxetiva, onde explicou que o sentimento e a tradición xogan un papel importante, máis, segundo a súa opinión en Corcubión xa que se trata dun pobo moi arraigado ó seu sentimento de independencia. Apuntou que a clave para superar estos problemas culturais e tradicionais está no respeto pola personalidade dos pobos, sen que exista un sentemento de absorción en ningún aspecto. Mantendo as oficiñas cavildo ou o Rexistro a situación sería menos sangrante. NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER!!!

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca