BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 20/11/2017
Actualidade
29-10-2013

A Asociación Ambiental Senda Nova organiza o II Outono en Marcha

A Asociación Ambiental Senda Nova organiza o II Outono en Marcha

A Asociación Ambiental Senda Nova organiza o II Outono en Marcha

Co obxecto de dar a coñecer o patrimonio cultural, artístico e paisaxístico da comarca e do Concello carballés a asociación ambiental Senda Nova organiza un novo programa de rutas de sendeirismo para este outono.

Son un total de sete as rutas programadas, dúas máis que o ano pasado:

  • Coristanco histórico: 27 de outubro.
  • Razo-Baldaio para protexer: 3 de novembro.
  • Ruta das Férvedas: 10 de novembro.
  • Terras do Marqués: 24 de novembro.
  • Tras as pegadas do wolframio: 1 de decembro.
  • Ríos de Sofán: 8 de decembro.
  • Camiño dos Faros: 15 de decembro.

A organización encárgase do transporte ata o sitio do comezo da marcha e proporciona tamén un bocadillo para comer no medio da ruta. As saídas faranse dende o Pazo da Cultura de Carballo (8.15 horas) e dende o Concello de Coristanco (8.00 horas), e da Laracha, municipio que se incorpora ao proxecto (8.00 horas).

O prezo destas rutas é de 6 euros para os maiores de idade e de 3 euros para menores e socios. Os interesados poden anotarse ata dous días antes da celebración de cada ruta na base de Protección Civil de Carballo, no Horto Ecolóxico situado na Rúa Nardos de Carball ou nos departamentos de cultura e deportes dos concellos da Laracha e Coristando


Pode obterse máis información en www.sendanova.org, no enderezo electrónico sendanova@hotmail.com e no teléfono 696 155 232.

Ligazóns

Descargas

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca