BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 22/11/2017
Actualidade
23-10-2013

Xornadas Gastronómicas do Boi de Galicia en Restaurante Rio Sil

Xornadas Gastronómicas do Boi de Galicia en Restaurante Rio Sil

Chega novembro e o Restaurante Río Sil celebra de novo as súas xornadas gastronómicas de summun de carnes vermellas coa exaltación da carne de Boi de Galicia. 

Coma en edicións anteriores seleccionaron dous exemplares de 10 anos de idade de boi de raza rubia galega en Finca Balboa (Monforte de Lemos).

Estes animais foron criados en extensivo, sen estrés e cunha alimentación a base de pasto, millo e cebada que garanten un sabor único para deleite dos padais máis esixentes. 

Para degustar estas carnes pódese reservar mesa no teléfono 981 700 478. Ata fin de existencias. 

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca