BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 24/11/2017
Actualidade
23-10-2013

XXIII Feira das Fabas en Ponteceso

XXIII Feira das Fabas en Ponteceso

O sábado 26 de outubro, o Concello de Ponteceso volve organizar a Feira das Fabas, que se ven celebrando dende o ano 1990, co obxectivo de dar a coñecer un dos produtos con máis prestixio desta zona.  

O lugar de celebración será o Campo da Feira na Trabe, ao igual ca en anos anteriores, debaixo dunha gran carpa

A preparación da fabada comezará ás 8.30, haberá concurso de fabas e ao mediodía actuación de charangas e gaitas. Será a partir das 13.30 horas cando se poderá degustar a fabada.

Ademais dos pratos de fabas tamén haberá unha pulpeira durante todo o día como de costume.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca