BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
Actualidade
02-10-2013

Festival Internacional Outono de Teatro 2013 en Carballo

Festival Internacional Outono de Teatro 2013 en Carballo

Entre os días 3 e 31 de outubro máis de 50 actividades relacionadas co teatro encherán Carballo repartidas entre a Rúa dos Contos, o OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado), as funcións de sala, a animación de rúa, e numerosas actividades paralelas.

programación de sala desenvolverase entre o 11 e o 31 de outubro con nove espectáculos de compañías galegas, catalás, madrileñas e unha chilena que inclúen tres estreas en Galicia e unha en España. 

Actores como Juan Diego Botto ou Malena Alterio, directores como Sergio Peris-Mencheta ou Claudio Tolcachir e compañías xa coñecidas para o FIOT como Titzina Teatre ou Ron Lalá encherán o auditorio do Pazo da Cultura.

ciclo OTNI leva catro anos dando cabida a proxectos que por formato, contido ou linguaxe dificilmente encaixan na programación ordinaria de sala e este ano inclúe sorpresas como unha coprodución do FIOT, a obra "Symon Pédícrí" ou o primeiro traballo profesional dunha actriz carballesa e que foi voluntaria do Festival, Alba Bermúdez.

Dentro das actividades paralelasanimación teatral de rúa levará o teatro a espazos do centro carballés, o Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís promove o teatro e favorece a súa iniciación entre os máis pequenos, "Unha noite de farándula" ofrece tamén unha proposta para que os máis cativos descubran pola noite os segredos e a historia do teatro, "Zoom FIOT" levará a varios fotógrafos a realizar un seguimento do festival para elaborar unha exposición para edición de 2014, "Café con..." ofrece unha oportunidade para que o público fale cos creadores dos espectáculos e ademáis tamén segue a entrega do premio do Público e o nomeamento do Xograr de Outono.

A Rúa dos Contos fai 15 anos e leva aos locais hostaleiros colaboradores os monólogos, maxia, improvisacións e música. O mercado municipal e a Ludoteca Municipal tamén acollerán sendos espectáculos para adultos e nenos respectivamente. 

A venda e reserva de entradas, bonos e mini bonos estará aberta desde o día 30 de setembro ás 9.00 horas ata o día antes de cada función a través de www.servinova.es e do teléfono 902 504 500 e o día da función de 19.30 a 21.00 horas no despacho de billetes do Pazo da Cultura.

Para a Rúa dos Contos, as entradas poden adquirirse nos locais participantes, excepto para "Ultranoite" do Grupo Chévere, xa que os tickets tamén deben mercarse a través de www.servinova.es e do teléfono 902 504 500 do 30 de setembro ao 4 de outubro.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca