BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 20/09/2019
Actualidade
01-10-2013

Curso práctico de micoloxía en Cee

Curso práctico de micoloxía en Cee

A Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo organiza en Cee un curso práctico de micoloxía os días 5 e 6 de outubro na Escola Municipal de Música de Cee

Este curso estará dirixido por JMC Marcote, Chemi Traba, Manolo Pose, José Mª Costa, Roberto Montes e Andrés Rodríguez.

PROGRAMA:

  • Sábado 5 de outubro:
10 h.- Saída dirixida ao monte. Lugar de reunión, fronte a la Escola Municipal de Música de Cee.
18 h. - Charla sobre o mundo dos cogomelos e estudio das especies recollidas pola mañá.
  • Domingo 6 de outubro:
10 h. - Saída dirixida ao monte.
18 h. - Charla específica sobre os temas demandados polos asistentes e estudio das especies recollidas.

Inscrición: Debido a problemas de espazo, o número de prazas será limitado e será necesario inscribirse con anterioridade.

A asistencia é aberta e será gratuíta para os socios e menores de idade.Para inscribirse, pódese contactar a través do teléfono 981747044 ou por correo: marcotecee@gmail.com.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca