BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
Actualidade
27-09-2013

Torneo Internacional de Xadrez "Entre Faros"

Torneo Internacional de Xadrez "Entre Faros"

O primeiro torneo de xadrez para grandes mestres que se celebra en Galicia, o Torneo Internacional de Xadrez “Entre Faros”, celebrarase do 5 ao 14 de outubro entre Fisterra, Camariñas e Muxía.

O Clube de Xadrez Cabo Touriñán é o encargado da organización do evento no que participarán cinco grandes mestres do xadrez situados entre os cen mellores do mundo. Entre eles está o representante español, o ourensán Iván Salgado, que gañou recentemente o campionato de España.

O torneo executarase en forma de liga a dobre volta. Cada día haberá dúas partidas e o xogador que descanse participará en diferentes actividades paralelas coma conferencias en colexios ou visitas culturais. O certame será puntuable para a clasificación mundial e retransmitiranse tódalas partidas a través de internet.

O programa quedou fixado para que o certame se celebre os 3 primeiros días no Faro de Fisterra, os seguintes 3 días no Faro Vilán de Camariñas e os últimos catro días na Biblioteca de Muxía.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca