BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 12/11/2019
Actualidade
17-09-2013

A Asociación Costa da Morte - GDR está a levar a cabo un proxecto de divulgación e posta en valor do territorio

A Asociación Costa da Morte – GDR está a levar a cabo un proxecto de divulgación e posta en valor do territorio, e dentro desto estase a facer unha campaña de promoción do territorio GDR – Costa da Morte, dando a coñecer os servizos da asociación, os recursos de maior rendemento ou sensibles de ser explotados, as características mais destacables dende o punto de vista empresarial, e a posta en valor do territorio en xeral.  

A campaña céntrase nos medios audiovisuais, dada a gran relevancia e o auxe dos medios na actualidade.  

Contidos da campaña:  

1º.- Realización dun vídeo – spot, cos seguintes obxectivos:

  • Posta en valor dos recursos e do territorio GDR- Costa da Morte
  • Incentivar a inversión na comarca
  • Promover a dinamización do territorio
  • Mostrar que a Costa da Morte é un bo lugar para disfrutar, traballar e vivir.
2º.- Realización de 10 vídeos – entrevistas a promotores de proxectos beneficiarios das axudas Leader.

Aquí en cada vídeo pódese ver unha descrición do proxecto, inversión, subvención,..., o que supuxo o apoio do GDR e da axuda Leader  

Os vídeos están colgados en YouTube     

Para máis información:  

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca