BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 20/09/2019
Actualidade
10-09-2013

XXXIII Festa da Pataca en Coristanco

XXXIII Festa da Pataca en Coristanco

O sábado 14 de setembro a partir das 22 horas dará comezo a edición deste ano da Festa da Pataca e farao cunha verbena coa orquestta Marazul no parque municipal.

O domingo 15 de setembro, será o gran día da festa con actos a partir das 09.30h cando os tractores engalanados para a ocasión se concentrarán na Rúa da Pataca mentres que na Praza do Concello darán comezo os concursos gastronómicos, de produtos do campo, de figuras con patacas e de empanadas.

A partir das 10.30 h. a Banda de Gaitas de Carballo e os zancudos Benito e Rufina percorrerán as rúas da localidade.

Ás 11.30 h comezará o desfile dos tractores adornados e ás 12.30 h oficiarase a misa cantada pola Coral Polfónica Santa Cecilia de Coristanco.

Ás 13 h. procederase á lectura do pregón por parte de Xosé Pumar Gándara, párroco das parroquias de Seavia e Erbecedo nos anos 1975 - 1987. A continuación abrirase o recinto para a venda de tickets para a degustación da pataca e farase a entrega de premios.

Pola tarde, a partir das 15 h haberá xogos infantís na Rúa do Muíño e ás 16.30 h porase á venda o libro Viaxe polo Cororazón de Bergantiños.

Ás 17.00 h todo o que o desexe poderá participar nos concursos do baile da pataca, apaña da pataca, tiro á corda, e trueiro da pataca.

Ás 18.30 h actuará o grupo de gaitas e baile rexional Inllar e ás 20 h o grupo musical O Tren da Unha.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca