BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 20/09/2019
Actualidade
09-09-2013

V Marcha BTT "Polas cabeceiras do Anllóns"

V Marcha BTT "Polas cabeceiras do Anllóns"

O domingo 15 de setembro celebrarase a V Marcha en BTT "Polas cabeceiras do Anllóns" que organiza o club ciclista Laracha en dúas rodas.

A saída será ás 9h da Laracha con dous percorridos, un de 71km cun desnivel de 1800m aprox. e outro percorrido de 45km cun desnivel de 1100m aprox.

Ao rematar a ruta poderanse usar as duchas do campo de fútbol da Laracha e haberá un xantar no polideportivo do instituto con empanada de xamón con queixo, carne asada con patacas, melocotón e bebida.

As inscricións deben formalizarse antes do xoves na web www.larachaenduasrodas.com

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca