BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 12/11/2019
Actualidade
04-09-2013

Romaría da Barca 2013

Romaría da Barca 2013

A Romaría da Virxe da Barca, Festa de Interese Turístico Nacional, celebrarase os días 13, 14, 15 e 16 de setembro en Muxía.

Os actos relixiosos xa darán comezo o xoves 5 de setembro e o venres 6 comeza a Semana Cultural da Barca 2013 con actividades de teatro, actos culturais, motofesta, actuacións musicais, xogos tradicionais...

O venres 13 ás 12h terá lugar a tirada de 21 bombas de palenque que da comezo ás festas. Seguirá cunha misa como de costume. pasarrúas, sesión vermú coa orquestra Limón e verbena nocturna con Limón, Triunfo e Oceáno. Ás 21h lerá o pregón a artista muxiá Viki Rivadulla. 

O sábado 14 a mediodía volverán botarse as 21 bombas de palenque seguidas da misa, pasarrúas e sesion vermú coa orquestra Atenas e pola noite verbena con Atenas, Metrópolis e Tekila que animarán a festa ata as 9 da mañá soamente interrompida ás 00.30h cunha gran sesion de fogos artificiais.

O domingo 15 é o día da Virxe da Barca e as actividades comezarán ás 9h con bombas de palenque seguidas ás 12.30h coa misa solemne e a tradicional procesión da Virxe da Barca ata a igrexa parroquial. Seguirán  pasarrúas, sesión vermú coa orquestra Nueva Generación e ás 14.30h farase a tirada da maior traca de bombas de toda Galicia.
Pola noite a verbena estará animada polas orquestras Nueva Generación e Combo Dominicano.

O luns 16 será o derradeiro día das festas e comezará ás 9h con bombas de palenque seguidas dunha procesión desde a igrexa parroquial ata o santuario e a misa solemne. A sesion vermú correrá a cargo da orquestra Fania e haberá unha gran traca de fogos artificiais. Pola noite na verbena actuarán as orquestras Fania e Ciclón.

Ademais, todos os días actuará a Coral Polifónica Virxe da Barca de Muxía, grupos de gaitas e xigantes e cabezudos.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca