BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
Actualidade
21-08-2013

Bus turístico en Vimianzo e un paseo pola historia

Bus turístico

Bus turístico en Vimianzo e un paseo pola historia

Este domingo, 25 de agosto, o bus turístico de Vimianzo realizará a ruta do oeste, percorrendo parte do patrimonio cultural, etnográfico e paisaxístico do concello de Vimianzo.

O bus visitará:

  • Pazo de Trasariz
  • Penedos de Pasarela
  • Cereixo
  • A Cerca de Carnés
A saída será ás 11.30h do Castelo de Vimianzo. O prezo para adultos será de 3€ e para os nenos a viaxe será gratis.

Un pouco de historia a través do teatro

Un pouco de historia a través do teatro

Ademais, este mesmo domingo, poderase aproveitar para coñecer a historia do Castelo de Vimianzo e das xentes que o habitaron a través do teatro de rúa coa compañía de teatro Os Quinquilláns.

Realizaranse dúas funcións de media hora de duración e entrada gratuíta, ás 11.00h e ás 17.00h no Castelo de Vimianzo.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca