BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 17/09/2019
Actualidade
19-08-2013

Etapa Fin do Mundo

Cartaz da etapa Fin do Mundo - Cee

A etapa Fin do Mundo terá lugar o domingo 25 de agosto con saída e meta no Concello de Cee, pasando polos municipios de Dumbría, Mazaricos, Carnota, Corcubión e Fisterra, cun percorrido de 115 km.

Esta proba , de modalidade de tramo libre, está organizada polo Clube Ciclista Cee co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña e coa colaboración  da Federación Galega de Ciclismo e dos concellos polos que pasará o pelotón.

A inscrición é de 10 € para federados e 22 € para non federados e poderase facer a través da páxina web www.emesports.es. O prazo de inscrición rematará o 21 de agosto.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca