BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
Actualidade
13-08-2013

XV Festa Folk na Fin do Camiño

XV Festa Folk na Fin do Camiño

A Festa Folk na Fin do Camiño, naceu no ano 99 coa fin de reivindicar a fin do camiño xacobeo en Fisterra.

Agora a Festa Folk na Fin do Camiño é unha das citas do calendario festivo cultural da zona na que participan e desfrutan miles de persoas arredor da música Folk.

O vindeiro 17 de agosto na Anchoa (Fisterra) poderemos gozar da XV Edición destas festa. 

O programa para este día inclúe degustación de produtos galegos a partir das 13h, a actuación da agrupación Os Campantes da Baña no campo da festa e pasarrúas. 

A partir das 17h haberá inchables para os máis pequenos e xogos populares.

Ás 22h empezará o festival folk cos grupos:

-Estimaba que viñeras
-Os 3 trebóns
-A compañía do ruido
-Chotokoeu

E para rematar a festa non faltará a tradicional queimada.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca