BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
Actualidade
12-08-2013

Festas en Malpica 2013

Festas en Malpica 2013

A segunda quincena de agosto en Malpica é unha festa contínua.

O día 15 comeza a VI Festa Galega que continuará ata o domingo 18 e que inclúe a II Feira Medieval Mariñeira, exhibicións de danza e música tradicional, pasarrúas, o III desfile de bandas de gaitas coas agrupacións A.C. Malante, Banda de Gaitas Abelladeira (Ponferrada), Banda de Gaitas de Ortigueira, Banda de Gaitas de Maruxía (Laxe) e Banda de Gaitas A.C. Malante (Malpica).

Ademais pola noite actuarán Media Ducia, Luar na Lubre e Tonhito de Poi e Banda.

O domingo 18 será o último día da Feira Medieval Mariñeira no porto de Malpica.

A seguinte fin de semana, do 23 ao 25 de agosto,  celébranse as Festas do Mar con tres días de alboradas, sesión vermú, pasarrúas, xogos infantís, verbena, fogos artificiais  e a tradicional procesión maritíma.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca