BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 20/09/2019
Actualidade
06-08-2013

Nova data para o festival Sereas e Piratas en Razo

Nova data para o festival Sereas e Piratas en Razo

Despois de ser cancelada a data anterior do 27 de xullo debido á traxedia ocorrida en Compostela o festival Sereas e Piratas xa conta cunha nova data de celebración, será o sábado 31 de agosto na Praia de Razo (Carballo). 

Haberá música e actividades paralelas de skate, surf, volei-praia e capoeiradurante toda a xornada.

Contarán coas actuacións de HolycrabMúsculo!Wild BalbinaFranc3sChucho Lagartija Dj.

As entradas seguen tendo validez pero dende a organización indican que todo aquel que queira devolvela poderá facelo no punto de venda onde a adquiriu e reembolsaráselle o importe.

prezo da entrada anticipada é de 5 € e en taquilla 8€. Pódense mercar as entradas anticipadas en Carballo (O Patacón, Belle Epoque, Dublín, A Reserva, A Fragua de Mo, Teirón), Malpica (Submarino), Ponteceso (A Eira) e A Coruña  (Portobello).

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca