BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
Actualidade
05-08-2013

Noite das estrelas en Cabana de Bergantiños

Noite das estrelas en Cabana de Bergantiños

Unha nova edición da Ruta das Estrelas está a piques de levarse a cabo en Cabana de Bergantiños. Segundo os organizadores, é máis doada que a do ano pasado, e moi axeitada para a observación das estrelas.

Esta ruta de sendeirismo circular ten un percorrido de 7 km e conta cunha primeira subida con máis dificultade polo que non se aconsella para nenos menores de 6 anos. 

A observación das estrelas farase dende o Miradoiro da Fernandiña cun guía de excepción, o físico baiés Jorge Mira, que facilitará a tarefa de coñecer a xeografía celeste. 

A saída será ás 10 da noite do aparcadoiro do Castro A Cidá de Borneiro cunha duración aproximada de 3 horas. Para participar só se recomenda vestir roupa cómoda e levar unha lanterna.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca