BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
Actualidade
30-07-2013

Festival V de Valarés

Festival V de Valarés

O festival V de Valarés consolídase un ano detrás doutro como unha das citas do verán na Costa da Morte.

Este ano celébrase o 17 de agosto, coma sempre no espazo natural da Praia de Valarés, con dous escenarios que desde as 14.30h encherán de música este enclave único.

Os horarios para o Con V de Valarés 2013 son:

Escenario Seagrams
14.30 – The Bright
15.30 – Sandrita Dinamita DJ
16.15 – Motiva
18.15 – Faber DJs
19.00 – Tachenko
04.10 – Sandrita Dinamita DJ
05.10 – Faber DJs

Escenario SON Estrella Galicia
21.00 – Mvnich
21.45 – Capsula
23.00 – Los Coronas
00.30 – El Columpio Asesino
01.50 – Fuel Fandango
03.10 – Amable DJ

Conta con zona de acampada de máis de 5000 m2 no pinar de Valarés aberta desde as 20h do venres 16 ata o domingo 18 ás 18h con duchas, baños, restaurante e bar á beira da praia.

As entradas anticipadas xa poden mercarse por 10€ en Ticketea.com 

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca