BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 17/09/2019
Actualidade
01-07-2013

Mercado Medieval de Corcubión

Mercado Medieval de Corcubión

Celébrase unha nova edición do Mercado Medieval de Corcubión que este ano será do 19 ao 21 de xullo. 

A vila engalanarase para a ocasión na que os veciños se implican de forma especial participando activamente en todas as actividades. 

O desembarco habitual será sustituído este ano por un desfile que recordará ás tropas vencedoras do Conde de Altamira sobre o arzobispo Rodrigo de Luna e que atravesará a vila de Corcubión.

O inicio desta edición seguirá co concerto do grupo Cornalusa (Portugal) e o izado do pendón principal.

Durante estes días Corcubión encherase cuns 100 postos de artesanía, gastronomía, cetrería, obradoiros de oficio e con animación na rúa grazas a bandas musicais, grupos de teatro, ao mítico fauno, o dragón e demais actividades programadas.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca