BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 17/09/2019
Actualidade
19-06-2013

Os concellos presentan as súas actividades deportivas e culturais para o verán 2013

Actividadades deportivas e culturais para o verán 2013

Os concellos da Costa da Morte xa están presentando as actividades culturais e deportivas programadas para este verán 2013 nas que os nenos son os grandes protagonistas e aos que van destinadas a maioría destas actividades. 

A Laracha
O programa de actividades do Concello da Laracha desenvolverase durante os meses de xullo e agosto e aposta por dar continuidade ás propostas que máis éxito tiveron en anos anteriores. Consta de campamentos de verán en Caión, campamentos urbanos, campus de fútbol, torneo de fútbol 3x3, campus de baloncesto, cursos de manualidades e pintura, día da bici, rutas ciclistas, cursos de paddle surf e surf, saídas ao Aquapark, rafting e kayak.

Cabana de Bergantiños
Os meses de xullo e agosto o Concello de Cabana colaborará coas romarías máis populares e tamén propón actividades de sendeirismo, teatro, cine, música, actividades deportivas e os tradicionais Tarde-Noite no Medievo e Castro animado.

Carnota
As actividades para o verán en Carnota xa comezan en xuño e prolónganse ata rematar agosto. Dentro do programa podemos atopar actividades para todos os públicos dende festas gastronómicas, contacontos, rutas de sendeirismo ata os tradicionais torneos deportivos e proxeccións de cine para os máis cativos. 

Cee
No Concello de Cee apostan no seu programa de actividades polos campamentos, a vela, o baloncesto, o fútbol, as bicicletas,.. como algunhas das actividades que ocuparan a vila durante este verán.

Fisterra
O Concello de Fisterra organiza campamentos de conciliación para nenos e nenas durante todo o mes de xullo e cursos de informática para nenos.

Mazaricos
O campamento 2013 levarase a cabo entre o 8 e o 19 de xullo e consta de actividades como excursións, obradoiros, xogos de animación, actividades de aventura e máis sorpresas.

Muxía
Os obradoiros de pintura e manualidades son a oferta para o mes de xullo no Concello de Muxía.

Zas
Os nenos son os destinatarios principais da maioría de actividades do verán no Concello de Zas pero tamén hai actividades para adultos. Volverá haber Diververán, festa infantil, escolas deportivas, cursos, campamentos, día da bici, rutas de sendeirismo

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca