BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 18/11/2017
Actualidade
15-12-1997

INTERNET INICIA TRANSACCIÓNS MILLONARIAS COA OLEIRIA DE BUÑO

O web da oleiria permitiu establecer contactos comerciais con Andalucia, Madrid, Asturies e Barcelona. Mesmo houbo posibilidades de comerciar con Romenia, finalmente desbotadas, e nestes momentos mantéñense negociacións cos Países Baixos para a exportación da mellor oleiria do mundo. Froito da actividade do web unha organización catalana puido obter a información precisa para vir directamente ao lugar de Buño, falar cos oleiros e comezar as negociacións para a compra de unha peza típica, o porrón de rosca, en exclusiva con traballo a tres anos vista. A cantidade do pedido é tal que xa se celebraron dúas reunións de oleiros para ver se son capaces de atender á demanda. O site ten unha autonomia plena e conta coa colaboración de oleiros, expertos do sector alfareiro, comercio exterior e marketing.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca