BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 23/11/2017
Actualidade
26-12-2012

Nadal en Zas

Nadal en Zas

Zas súmase tamén ó sinfín de concellos galegos que no Nadal enchen a sú programación con actividades deportivas e culturais para nenos e adultos.

Estas son algunhas das actividades do seu cartel:

  • CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES. Ata o 28 de decembro. Puntos de recollida: Centros Socioculturais de Zas e Baio e na Casa do Concello
  • 26, 27 e 28 DECEMBRO: De 16h a 18h. Obradoiros de nadal. Centro Sociocultural de Baio. *inscrición obrigatoria. Nenos e nenas maiores de 5 anos.
  • 30 DECEMBRO: 18h. TEATRO. Badius “Facer o sueco”. Auditorio de Baio.
  • 2,3 e 4 DE XANEIRO: De 11h. a 13h. Obradoiros de nadal. Centro sociocultural de Zas. *inscrición obrigatoria. Nenos e nenas maiores de 5 anos.
  • 5 DE XANEIRO: 18h. Cabalgata de Reis polas rúas de Zas. 19:30h. Actuación do Mago Teto. Centro Sociocultural de Zas.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca