BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 24/11/2017
Actualidade
26-12-2012

Actividades deportivas e culturais en Ponteceso

Actividades deportivas e culturais en Ponteceso

Con motivo da chegada do Nadal, o Concello de Ponteceso ofrece unha programación completa para estas festas.  

O 27 e 28 de decembro todo o que quiera pode xogar ao tenis nos pavillóns municipais de Corme e Ponteceso.  

Ademais, haberá dúas xornadas de cine de nadal: a primeira terá lugar no pavillón municipal en Corme o día 27 de decembro ás 19.00 horas; a segunda, o 3 de xaneiro ás 19 horas na Casa da Cultura do Concello.  

O teatro tamén adquire protagonismo nestas datas coa obra “Pequena” de Talía Teatro, que se levará a cabo o 28 de decembro ás 19 horas na Casa da Cultura.  

E para rematar a programación, as Súas Maxestades os Reis Magos visitarán as parroquias da localidade en tren os días 4 e 5 de xaneiro.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca