BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 25/11/2017
Actualidade
12-11-2012

V Xornadas Gastronómicas do Boi de Galicia

V Xornadas Gastronómicas do Boi de Galicia

O restaurante Río Sil de Carballo presenta unha nova ecidión das xornadas de exaltación da carne de boi galego.

Será a partir do día 12 de novembro cando se poderá degustar a carne destes exemplares seleccionados de raza rubia galega con máis de 1300 kg cada un e máis de 10 anos de idade. Estes animais medraron en extensivo aliméntandose de fariña de millo, pasto e cebada.

A carne sométese a unha maduración controlada e prepárase para conseguir extraer as mellores cualidades de textura, aroma e sabor característicos deste tipo de carnes.

Pode reservar a súa mesa con antelación no tfno 981 70 04 78.

Ligazóns

Descargas

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca