BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
Actualidade
15-12-2011

Propostas do Nadal en Malpica

Cartel Malpica Nadal 2011-2012

Concello e tecido asociativo de Malpica ofrecen neste Nadal 2011-2012 un amplo programa de actividades de lecer, no que as propostas orientadas ao público infantil contan cun especial protagonismo.

Ata o 7 de xaneiro de 2012 desenvolveranse obradoiros de adornos de Nadal, sesións de cine e Festas infantís nos Centros Socioculturais de Mens e Cambre, e nas Escolas Unitarias de Pontella e da Raxeira. Así mesmo, Papa Noel e os Reis Magos recibirán aos rapaces e rapazas de Malpica os días 23 e 24 de decembro e 5 e 6 de xaneiro.

Os adultos tamén terán oportunidade de gozar intensamente do Nadal. Ademais de participar nos obradoiros e acompañar aos máis pequenos, a noite do día 31 o Auditorio do Centro Cívico acollerá a Festa de Fin de Ano, na que non faltarán as uvas, o cava e sorteos especiais.


Podedes atopar toda a información sobre o Nadal en Malpica na web oficial do Concello.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca