BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 24/11/2017
Actualidade
14-12-2011

Concello e colectivos de Cabana achegan o Nadal ás parroquias

Concello e colectivos de Cabana achegan o Nadal ás parroquias

Unha vez máis o Concello de Cabana de Bergantiños cede protagonismo aos distintos colectivos culturais do Municipio no deseño do programa de Nadal, que se achegará a todas e cada unha das parroquias.

Actividades

As actividades que artellan este programa son un concerto infantil a cargo de Mamá Cabra, os Beléns Viventes, a Cabalgata de Reis en Tren, o Brinde do Alcalde cos Maiores, a Noite Máxica de Reis e un Certame de Corais.

Os Beléns Viventes que percorrerán as distintas parroquias en distintos días presentan este ano a novidade de contar coa animación musical a cargo de varias corais do Concello xunto con músicos da Escola de Música e actores da Escola de Teatro.

A Cabalgata de Reis volverá a percorrer en tren todas as parroquias do Concello. O percorrido efectuarase durante dous días. A primeira tanda comezará na tarde do 5 de xaneiro desde as 15.30. O percorrido iniciarase na parada escolar da Silvarredonda e continuará por Corcoesto, Beres, O Esto, Cundíns, neaño e Cesullas. O día 6 de xaneiro a Cabalgata percorrerá desde as 11 da mañá os lugares de Borneiro, Canduas, Neaño, Anos e A Mata. As paradas efectuaranse nos seus espazos habituais.

Na tarde-noite do 5 de xaneiro celebrarase desde as 5 da tarde no Pavillón e na Piscina Municipal a Noite Máxica de Reis coa chegada dos Reis Magos en tren, con inchables e cunha gran gala de circo a cargo do colectivo Terractiva.

Revista Nadal 2011

Para saber polo miúdo do extenso programa de actos, o Concello, coa colaboración da Deputación da Coruña, editou unha revista de 16 páxinas que recolle cada unha das propostas para estas festas. Podedes consultala na ligazón ao pé, xunto ao Programa diario de Nadal e a nova publicada na web oficial de Cabana de Bergantiños.

Ligazóns

Descargas

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca