O Concello de Zas vén de publicar a programación festiva para o Nadal 2011-2012. O principal destinatario da oferta de actividades será o público infantil.
Os veciños e veciñas de Zas e todo aquel que decida achegarse durante este mes poderán gozar de representacións teatrais, obradoiros para os máis pequenos, un concerto didáctico, e moitas máis propostas.
Na web oficial do Concello atoparedes toda a info.