BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 24/11/2017
Actualidade
07-12-2011

Nadal Cultural en Fisterra

Cartel do Nadal Cultural de Fisterra

O programa de Nadal do Concello está aberto oficialmente desde o 3 de decembro. Desde ese día e ata o domingo 11 pódese visitar a Mostra de Artesanía que está aberta no Faro de Fisterra, de 11 da mañá a 2 da tarde, e de 4 a 7 da tarde.

O sábado 10 de decembro Títeres Cachirulo representa a obra "Alicia no País das Marabillas", ás 7 da tarde, na lonxa de Fisterra. Ao día seguinte e á mesma hora, nas instalacións da lonxa, a compañía Caramuxo Teatro ofrecerá ao público "Historia dunha semente".

Os máis pequerrechos teñen unha cita con Papá Noel o mércores 14 no Telecentro, onde poderán velo por videoconferencia. O sábado 17 será tamén unha xornada especial para os rapaces e rapazas do Concello, xa que está programada unha sesión de contacontos.

O venres 30 a Casa da Cultura de Sardiñeiro servirá de escenario á compañía Títeres Duendesico, que actuará ás 7 da tarde. Finalmente, o 5 de xaneiro de 2012, a Cabalgata dos Reis Magos percorrerá todos os recunchos de Fisterra antes de ser recibidos no Pavillón Municipal, onde haberá obradoiros e xogos.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca