BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
Actualidade
21-08-2001

Finisterrae.com colabora con estes dous deportes de grande arraigo na Costa da Morte.

O XADREZ E O VOLEI PRAIA, DEPORTES DESTACADOS NA COSTA DA MORTE

Por un lado chegounos a final do Vº Circuito Volei - Praia Costa da Morte, despois de cinco semanas de dura competición, tivemos oportunidade de presenciar no areal de Laxe o mellor do volei - praia da provincia da Coruña e poida que de Galicia. Estiveron as mellores oito parellas masculinas e femininas de todo o Circuito, eles e elas foron os mellores de entre 27 parellas masculinas e 14 femininas. O espectáculo estaba servido e non defraudaron ó numeroso publico que asistíu ó longo do sábado 18, a presenciar os encontros desde a praia e desde o paseo marítimo da vila de Laxe. O tempo acompañou, e desde as 1:00 ás 14.30 horas, disputouse a fase previa que dou lugar as semifinais que comezaron ás 16.30. Na categoría masculina hai que destacar a clasificación para semifinais de Pallas/Moreira e Cervera/Lorenzana, así coma a eliminación dos vigueses Bustamante/Méndez e Santi/Angel. Nas feminas a única sorpresa foi que a parella Alcazar/Picado non se clasificou para xogar a semifinal, entrando as xogadoras naturais de Narón Santalla/Collazo. A final feminina disputárona Paz/Lorenzo, que se impuxo claramente por 2 sets (12-2 / 12-5) a cero á parella coruñesa formada por Villaverde/Fernández Ennes. Na categoría masculina estaban dúas parellas noiesas; eran Pablo/German e Iago/Agustín, que finalmente se impuxeron por 2 sets a 1 (12-7 / 8-12 / 11-15). Ao final na entrega de trofeos, participarón Xulia Mira (Concelleira de Cultura e Deportes de Concello de Laxe) como organizadores destes apaixoantes finais; Arturo Crespo en representación da Asociación Antidroga Vieiro e Carlos Cambón en nome da Directiva da A. D. Xiria. Aparte de todo este espectaculo - competición, a organización do Vº Circuito Volei Praia Costa da Morte - VIEIRO 2001 , organizou en colaboración con PEPSI unha festa de xogo para o entretenemento de todo o público asistente a estas finais e con máis de 200 regalos e agasallos para os gañadores dos xogos (Voleisaque, Directo volei, Voleibolos) e demáis persoas que participaron en sorteos e concursos. Por outro lado celebrouse tamén o Nacional por Equipos Xiria - Placasa de xadrez. Naranco gañou a final ó Círculo Ferrolano. O conxunto ovetense do Ciudad Naranco, formado por Patricia Llaneza, Rubén Pascual, Enrique Aparicio e Víctor Llaneza proclamouse campión do I Torneo Nacional por Equipos Xiria-Placasa, tras vencer na final ó Círculo Ferrolano por un global de 6.5 - 1.5. Sin embargo, os asturianos renunciaron á invitación para o Torneo Nacional por Equipos que se disputará en outubro na sua propia cidade, polo que os ferroláns fanse co premio. O torneo comezou cun par de incidentes desagradables: a baixa de última hora dos lucenses de La Tabla de Flandes (que non puido ser reemplazado xa por outro equipo) e a alineación presentada polo C.D.U., teórico 1 do ránking, pero que debía ter baixado varios postos cos 3 xogadores que presentou, aínda que se decidíu manter os grupos tal e como estaban. Grupo A: CDU, Círculo Artes, Covadonga, Ciudad Jardín, Marquiño, Xiria-Placasa C . O teórico favorito do grupo era o CDU, pero faltaronlle os seus 4 primeros taboleiros, presentando a Corona, Pepe Sánchez, Silvia Castro e o malpicán Francisco Abella, que completou equipo a partir da ronda 4. O Círculo de las Artes con Roberto Gómez, Braña, Borja Sánchez e Borja Vega proclamouse campión. Bo papel do Ciudad Jardín, a punto de clasificarse, e cunha meritoria victoria ante o Covadonga por 3-1. Alejandro Sánchez, Elías Fernández e Alberto Sánchez venceron a Alejandro Ortiz, Ignacio Fernández e Christian Cabo na primeira ronda. O grupo casi se decidía coa victoria mínima dos lucenses ante santiagueses na segunda ronda. Corona e Roberto empataban, Braña e Borja Sáncez gañaban a Pepe Sánchez e Silvia Castro, mentras que Paco Abella gañaba a Borja Vega. Roberto Gómez e Tomás Corona acababan con 4.5 puntos no primeiro taboleiro. O Covadonga quedaba fora de toda opción, ó facer Alejandro Ortiz 1/5 no mismo taboleiro. O C.D.U. anunciou antes de finalizar a xornada que non podería presentar equipo o domingo, polo que se decidíu que en caso de ocupar unha das duas primeiras prazas, como finalmente sucedíu, ocupase a súa plaza o mellor terceiro. O Xiria-Placasa C tamén foi finalmente eliminado, ó fin de ter un número par de equipos na segunda fase do torneo. Grupo B: Casa da Xuventude A, Xiria-Placasa A, Oviedo 93, Ex-Alcohólicos B, Canido, A Silva Como era previsible, o Casa da Xuventude A pasou con comodidade, cedendo tan so unha razoable derrota (Conde ante Iván Andrés) e un sorprendente empate de José Luis Fernández ante o xogador de A Silva Manuel Regueiro. Para a segunda praza, aveciñábase un duelo entre ovetenses e carballeses. Pese ó empate no enfrentamento directo, os carballeses deixaronse demasiados puntos ante equipos inferiores, e acusaron o 1/5 de Jorge Soneira. O club de A Silva tampouco puido acudir na xornada dominical, quedando eliminado da taboa. Grupo C: Ex-Alcohólicos A, Círculo Ferrolano, Sagrada Familia, S.A.L., Xiria-Placasa B O Sagrada Familia pasou como mellor terceiro. O encontro máis destacado traía unha victoria mínima de Ex-Alcohólicos ante Círculo Ferrolano. Grupo D: Ciudad Naranco, Concello de Cerceda, Arteixo, Casa da Xuventude B, Su a Agra, Ex-Alcohólicos C Outro grupo moi destacado, con cinco equipos pelexando polas duas primeiras prazas. Triunfo do xove equipo ourensán, por diante dos teóricos favoritos Naranco e Cerceda. Cerceda debía gañar a última ronda ós ourensanos, pero so Sande gañou a Alejandro Arias, caendo Moira, Sakulski e Estela ante Luis Fernández, Fiz e Breixo. Xa en Cuartos de Final foron claras as victorias en casi todos os encuentros. No Oviedo 93 so caía David Llada ante Eduardo Braña, por Naranco Patricia Llaneza perdía con Bodelón, aínda que na partida final Aparicio-De la Fuente puido decidir o encuentro de outro modo, si Alfredo gañara. Nos outros dous encontros roducíanse duas taboas. Semifinais Círculo das Artes - Ex-Alcohólicos A : 1.0 - 3.0 Casa da Xuventude B - Sagrada Familia : 2.5 - 1.5 Os resultados finais foron: Final: Ciudad Naranco - Círculo Ferrolano : 6.5 - 1.5 As finais xogaronse a doble volta, pero a primeira decidía practicamente a final, ó vencer o Naranco por 3-1. A nivel individual, os mellores xugadores foron Iván Andrés, do Oviedo 93 con 8/9 no primeiro taboleiro (so unha derrota na ida do 3º-4º posto con Jesús Conde), Martín Naya do Arteixo, con 6.5/9 no segundo taboleiro, Marcos Molina do Covadonga, con 8/9 no 3º, e Miguel Antonio Diéguez do Sagrada Familia, con 7/8 no cuarto taboleiro.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca